VENDA DE ENTRADAS | REVERA VINUM 2022    Email: actividades@reveravinum.gal

DEZ VIÑOS E CINCO MULLERES

Quedan: 4  

25 €

María Campos
Xornalista. Desde 2014 é directora de Portal Literario, que edita a revista HGg& T, que aúna os sectores da hostalería, a gastronomía e o turismo en Galicia, sendo responsable da súa edición impresa e dixital, e da organización dos PREMIOS HGg& T_Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia, así como das Catas Transfronteirizas HGg& T, con XLVI edicións ata a data.
Actualmente é partner do xornal dixital Mundiario.com, desde a sección de turismo, onde cobre a actualidade galega.

María Garrido
Tras case dúas décadas de experiencia no sector do viño como directora comercial, marketing e enoturismo de Bodegas Martín Códax, María Garrido crea en colaboración con Sabela Pintos o seu proxecto máis persoal: La Sociedad. O punto de partida é LA SOCIÉTÉ, champagne rosado que representa fielmente o espíritu do proxecto: a pasión por exprimir ao máximo cada momento coma se fose o último.

Eva Pizarro
Sumiller no Restaurante Fierro, en Valencia, que obtivo unha Estrela Michelin en decembro de 2021. Desde o ano 2017 leva a dirección das materias de Sumillería, Xestión de Adega e Sala en Gasma, Universidade de Gastronomía asociada ao CEU San Pablo. Ademais colabora con varias publicacións escribindo sobre viño e gastronomía, o que lle levou a escribir o seu primeiro libro: “Os Viños que poden cambiar a túa vida”.

Mercedes González
Sumiller, docente e comunicadora, dirixe a asesoría gastronómica Membajadora. Preside tamén Vitislucus-Expertos en Análise Sensorial e Enoturismo. É formadora homologada do C.R da D.O Jerez para Galicia, formadora homologada Cava e embaixadora española Champagne.

María Rey
Profesional de sala con dilatada experiencia, desempeñou funcións de catadora xefe de sala, barista ou bartender. Actualmente e desde hai máis de 20 anos é profesora técnico de Servizos de Restauración nos centros públicos de Formación Profesional de Galicia.

* Para acceder ás actividades gratuítas é necesario mercar unha entrada normal, un bono ou unha entrada para calquera outra actividade.

Cant:
Categoria: